lunes, 17 de mayo de 2010

Ultimos actos das xornadas



As xornadas Recuperar a utopia chegan ao seu fin o próximo sábado 22 de Maio. Tareixa Otero, militante do STEG (Sindicato de traballadores do Ensino da Galiza) e Silvia Alonso (mestra de primaria), porán o ponto final coa palestra de título Educación, machismo e sexismo.

O sexismo e o machismo son duas constantes na nosa sociedade actual, pero quizais o máis chamativo sexa que nenas e nenos con tan só 3 anos de idade xa teñan comportamentos e actitudes diferentes dependendo de se son homes ou mulleres.

Estes comportamentos e actitudes non responden à idea de que mulleres e homes son diferentes bioloxicamente (sexo), senón que responden à idea que mulleres e homes teñen unhas características que a sociedade asigna como própria de cada sexo (xénero). Aprendendo así que cada sexo ten un papel distinto na nosa sociedade.

Tendo en conta esta sitación, a palestra que se vai levar a cabo, pretende dar a coñecer cais son aquelas prácticas educativas que conlevan a unha educación sexista e machista e como podemos evitá-las. Todo isto para que desta forma poidamos construir unha sociedade cada vez máis libre de estereotipos.

Para clausurar as xornadas, teremos algo de festa a cargo do grupo de música tradicional de Atios Os Lajaretas (oslajaretas@hotmail.com), que apartir das nove e media da noite ofreceran o seu repertório na taberna do Hartza, na Rua Cuenca (ao lado da praza de Frómista).

domingo, 16 de mayo de 2010

Resumo da palestra sobre a CNT

Na tarde do sábado dia 15 os militantes da CNT galega, Suso Garcia e Pablo Paz, deron continuación às xornadas. Baixo o título "A alternativa sindical da CNT" estes dous traballadores e sindicalistas expuxeron durante mais de duas horas que é a CNT e cuais son as especificidades deste sindicato anarquista, que resumiron na práctica da acción directa, na autoxestión e no apoio mútuo e a solidariedade.

Suso repasou a presenza da CNT en luitas sindicais de todo o Estado nos últimos anos, analisando diversos conflitos e folgas e ao tempo o crecimento cualitativo e cuantitativo do sindicato nos últimos anos.

Por sua vez, Pablo centrou-se na actividade sindical da CNT nas empresas e nos centros de traballo, e explicou que son e como actuan as seccións sindicais, opostas ao delegacionismo dos comités de empresa polos que abogan o resto de sindicatos, e apostando por unha acción definidida e decidida desde a base e desde asembleas.

domingo, 9 de mayo de 2010

A alternativa sindical da CNT















As xornadas Recuperar a Utopia continuarán o próximo sábado 15 de Maio coa palestra titulada A alternativa sindical da CNT. Pablo Paz (Secretário xeral da CNT de Compostela) e Suso Garcia (Secretário de organiación da CNT de Betanzos) van presentar as especificidades deste sindicato anarquista e as suas propostas de acción sindical e social.


A palestra, como sempre, às sete da tarde, na Área Panorámica (Sala Félix Rodríguez).

Resumo da palestra

Na tarde do sábado deu-se continuación às xornadas cos compañeiros Rubén e xavi, de Ferrol. Desde a sua experiéncia de militantes anarquistas e ambientalistas na plataforma Reganosa Demolizón tracexaron unha visión sintética dos contactos entre ideoloxia anarquista e as luitas ecoloxistas e ambientalistas ao longo da história, analisaron polo miudo as novas formas de organización que, desde a base e afastados de influéncias parlamentares, constituen a dia de hoxe a oposición às novas agresión ao meio-ambiente, e finalmente comentaron a situación actual da luita que manteñen contra a regasificadora de Ferrol. Acontinuación houbo un debate entre ponentes e público, entre o que se atopaban militantes doutras plataformas,como a de Autovia Non, de Redondela.

domingo, 2 de mayo de 2010

Desfeita ambiental e luita libertária



O sábado 8 de Maio, Xabier Porto e Rubén López darán continuidade às xornadas Recuperar a Utopia, coa palestra titulada Desfeita ambiental e luita libertária.

A defensa do território e das persoas que o habitan, representan unha luita fundamental e irremprazábel. A destruición do território e os ataques à natureza continuan con governos de direita e de esquerda, polo que se ten feito mais claro que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementistas son necesárias para enfrentar o conxunto das agresións, e a autoxestión das luitas e o asemblearismo imprescindívies para levar adiante esta luita.

Desde Ferrol, Xabi e Rubén tracexarán unha visión das luitas ambientalistas desde a sua condición de militantes anarquistas e do colectivo de oposición à pranta de gas de Reganosa.
Como sempre, às sete da tarde na Área Panorámica, sala Felix Rodríguez.

domingo, 25 de abril de 2010

Palestra de Dionísio Pereira, Bieito Alonso e Carlos Velasco


Na tarde do sábado 24 abrimos as xornadas coa palestra dos tres historiadores, Dionísio Pereira, Bieito Alonso e Carlos Velasco, que por primeira vez coincidian na mesma mesa.
Por volta de médio cento de persoas presenciamos unha moi intesante visión do movimento operário en Tui, organizado fundamentalmente en torno ao SGT (integrado na CNT) a cargo de Bieito Alonso. Dionísio aportou dados sobre a represión sofrida após o levantamento fascista de 36, apresentando dados aínda inéditos provenientes das suas últimas investigacións no proxecto Voces e Nomes, tendo sido Tui o concello galego que sufriu máis acentuadamente a represión, tendo contabilizados 163 asasinad@s.

finalmente, Carlos Velasco tracexou unha visión sintética do comportamento dos represores e unha análise do sistemático terror que cubriu o páis enteiro, ficando como conclusións o carácter de clase desta represión, asi como o grande alcance até dimensións xenocidas.
Logo dun interesante debate que se prolongou até as tres horas, demos por finalizado acto.

domingo, 28 de marzo de 2010

1º fin de semana, o movimento obreiro antes do levantamento fascista de 36

SABADO 24 DE ABRIL ORGANIZACIÓN OBREIRA E REPRESIÓN EN TUI (1910-1939) DIONÍSIO PEREIRA, BIEITO ALONSO E CARLOS VELASCO
Nos anos 30, Tui destacaba pola forte organización obreira, unha das maiores da Galiza, organización que se facia basicamente desde a CNT, o sindicato anarquista, no momento o maior da Galiza. Esta organización, que tivo amplas miras revolucionárias e emancipadoras, foi cortada pola represión fascista que veu após o levantamento militar de Franco, unha represión especialmente dura e cargada de sangue. Tres dos maiores especialistas da actualidade introducirán e debatirán o asunto polo miudo.
Como obras básicas para intoducir o tema, recomendamos a lectura da obra colectiva e coordinada por Dionísio Pereira Os conquistadores modernos, as obras de Dionísio A CNT na Galiza e Foulas e ronseis, a obra de Carlos Velasco 1936: represión e alzamento militar na Galiza, e Obreirismo en Tui 1900-1936, de Bieito Alonso.

SABADO 25 DE ABRIL PROXECIÓN DO FILME VIVIR LA UTOPIA (JUAN GAMERO)
Describe-se no filme a experiéncia anarco-sindicalista e anarco-comunista que transformou radicalmente as estruturas sociais en amplas zonas da España republicana durante la guerra civil.
Consta de 30 entrevistas que amosan o labor construtivo da revolución social, coa organización de colectividades agrícolas, fábricas e empresas autoxestionadas.

domingo, 28 de febrero de 2010

Xornadas Recuperar A Utopia

A asociación Bicicleta Con Botas organiza para as fins de semana dos meses de Abril e Maio unha série de palestras con temas históricos e de actualidade.

Este é o programa completo das xornadas, coas que pretendemos dinamizar o tecido social tudense e abrir unha, aguardamos, produtiva série de debates en temas que consideramos fundamentais no devir da sociedade actual.

Sábado 24 de Abril
Organización obreira e represión en Tui (1910-1939)
Dionísio Pereira, Bieito Alonso e Carlos Velasco (historiadores)
Sábado 25 de Abril
Proxeción do filme Vivir la utopia (Juan Gamero)

Sábado 1 de Maio
12:00 Manifestación obreira en Vigo. Saida desde a rua Lepanto con Urzáiz

Sábado 8 de Maio
Desfeita ambiental e luita libertária
Xabier Porto e Ruben López (Unión Libertaria-Ferrol)

Sábado 15 de Maio
A alternativa sindical da CNT
Suso Garcia (CNT-Betanzos) e Pablo Paz (CNT-Compostela)

Sábado 22 de Maio
Educación, machismo e sexismo
Tareixa otero (STEG) e Silvia Alonso (mestra)
Concerto de clausura
Os lajaretas (Atios) (oslajaretas@hotmail.com)
Na taberna do Hartza, às 21:30

Todos os actos, agás o concerto, serán na Área Panorámica, na sala Féliz Rodríguez, às sete da tarde.