lunes, 17 de mayo de 2010

Ultimos actos das xornadas



As xornadas Recuperar a utopia chegan ao seu fin o próximo sábado 22 de Maio. Tareixa Otero, militante do STEG (Sindicato de traballadores do Ensino da Galiza) e Silvia Alonso (mestra de primaria), porán o ponto final coa palestra de título Educación, machismo e sexismo.

O sexismo e o machismo son duas constantes na nosa sociedade actual, pero quizais o máis chamativo sexa que nenas e nenos con tan só 3 anos de idade xa teñan comportamentos e actitudes diferentes dependendo de se son homes ou mulleres.

Estes comportamentos e actitudes non responden à idea de que mulleres e homes son diferentes bioloxicamente (sexo), senón que responden à idea que mulleres e homes teñen unhas características que a sociedade asigna como própria de cada sexo (xénero). Aprendendo así que cada sexo ten un papel distinto na nosa sociedade.

Tendo en conta esta sitación, a palestra que se vai levar a cabo, pretende dar a coñecer cais son aquelas prácticas educativas que conlevan a unha educación sexista e machista e como podemos evitá-las. Todo isto para que desta forma poidamos construir unha sociedade cada vez máis libre de estereotipos.

Para clausurar as xornadas, teremos algo de festa a cargo do grupo de música tradicional de Atios Os Lajaretas (oslajaretas@hotmail.com), que apartir das nove e media da noite ofreceran o seu repertório na taberna do Hartza, na Rua Cuenca (ao lado da praza de Frómista).

domingo, 16 de mayo de 2010

Resumo da palestra sobre a CNT

Na tarde do sábado dia 15 os militantes da CNT galega, Suso Garcia e Pablo Paz, deron continuación às xornadas. Baixo o título "A alternativa sindical da CNT" estes dous traballadores e sindicalistas expuxeron durante mais de duas horas que é a CNT e cuais son as especificidades deste sindicato anarquista, que resumiron na práctica da acción directa, na autoxestión e no apoio mútuo e a solidariedade.

Suso repasou a presenza da CNT en luitas sindicais de todo o Estado nos últimos anos, analisando diversos conflitos e folgas e ao tempo o crecimento cualitativo e cuantitativo do sindicato nos últimos anos.

Por sua vez, Pablo centrou-se na actividade sindical da CNT nas empresas e nos centros de traballo, e explicou que son e como actuan as seccións sindicais, opostas ao delegacionismo dos comités de empresa polos que abogan o resto de sindicatos, e apostando por unha acción definidida e decidida desde a base e desde asembleas.

domingo, 9 de mayo de 2010

A alternativa sindical da CNT















As xornadas Recuperar a Utopia continuarán o próximo sábado 15 de Maio coa palestra titulada A alternativa sindical da CNT. Pablo Paz (Secretário xeral da CNT de Compostela) e Suso Garcia (Secretário de organiación da CNT de Betanzos) van presentar as especificidades deste sindicato anarquista e as suas propostas de acción sindical e social.


A palestra, como sempre, às sete da tarde, na Área Panorámica (Sala Félix Rodríguez).

Resumo da palestra

Na tarde do sábado deu-se continuación às xornadas cos compañeiros Rubén e xavi, de Ferrol. Desde a sua experiéncia de militantes anarquistas e ambientalistas na plataforma Reganosa Demolizón tracexaron unha visión sintética dos contactos entre ideoloxia anarquista e as luitas ecoloxistas e ambientalistas ao longo da história, analisaron polo miudo as novas formas de organización que, desde a base e afastados de influéncias parlamentares, constituen a dia de hoxe a oposición às novas agresión ao meio-ambiente, e finalmente comentaron a situación actual da luita que manteñen contra a regasificadora de Ferrol. Acontinuación houbo un debate entre ponentes e público, entre o que se atopaban militantes doutras plataformas,como a de Autovia Non, de Redondela.

domingo, 2 de mayo de 2010

Desfeita ambiental e luita libertária



O sábado 8 de Maio, Xabier Porto e Rubén López darán continuidade às xornadas Recuperar a Utopia, coa palestra titulada Desfeita ambiental e luita libertária.

A defensa do território e das persoas que o habitan, representan unha luita fundamental e irremprazábel. A destruición do território e os ataques à natureza continuan con governos de direita e de esquerda, polo que se ten feito mais claro que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementistas son necesárias para enfrentar o conxunto das agresións, e a autoxestión das luitas e o asemblearismo imprescindívies para levar adiante esta luita.

Desde Ferrol, Xabi e Rubén tracexarán unha visión das luitas ambientalistas desde a sua condición de militantes anarquistas e do colectivo de oposición à pranta de gas de Reganosa.
Como sempre, às sete da tarde na Área Panorámica, sala Felix Rodríguez.