lunes, 17 de mayo de 2010

Ultimos actos das xornadas



As xornadas Recuperar a utopia chegan ao seu fin o próximo sábado 22 de Maio. Tareixa Otero, militante do STEG (Sindicato de traballadores do Ensino da Galiza) e Silvia Alonso (mestra de primaria), porán o ponto final coa palestra de título Educación, machismo e sexismo.

O sexismo e o machismo son duas constantes na nosa sociedade actual, pero quizais o máis chamativo sexa que nenas e nenos con tan só 3 anos de idade xa teñan comportamentos e actitudes diferentes dependendo de se son homes ou mulleres.

Estes comportamentos e actitudes non responden à idea de que mulleres e homes son diferentes bioloxicamente (sexo), senón que responden à idea que mulleres e homes teñen unhas características que a sociedade asigna como própria de cada sexo (xénero). Aprendendo así que cada sexo ten un papel distinto na nosa sociedade.

Tendo en conta esta sitación, a palestra que se vai levar a cabo, pretende dar a coñecer cais son aquelas prácticas educativas que conlevan a unha educación sexista e machista e como podemos evitá-las. Todo isto para que desta forma poidamos construir unha sociedade cada vez máis libre de estereotipos.

Para clausurar as xornadas, teremos algo de festa a cargo do grupo de música tradicional de Atios Os Lajaretas (oslajaretas@hotmail.com), que apartir das nove e media da noite ofreceran o seu repertório na taberna do Hartza, na Rua Cuenca (ao lado da praza de Frómista).

No hay comentarios:

Publicar un comentario